Axenda



Actividades mes de Xuño:

- DÍA 9: participación na XXXIV Edición da "Xuntanza de Maiores" que se celebra, coma sempre, no Parque Municipal do Carballiño.

- DÍA 14: celebración dun novo "Encontro de actividades dos Centros Sociocomunitarios". Neste caso, trátase da actividade de baile que se celebrará a partir das 17 h. no Pavillón Municipal de Arnoia. Contarase coa presenza do Trío Lúa, co fin de animar os participantes. Os que desexen acudir, sen participar no concurso, disporán dun autobús para o seu desprazamento. Coma sempre, deben informarse e anotarse en dirección.

- DÍA 20: terá lugar o último dos "Encontros" programados pola Xefatura Territorial: encontro da actividade de informática. Celebrarase no noso centro, concretamente, habilitarase a cafetaría para tal fin. Todos os interesados en ver como se celebra, poderán acodir ás nosas instalacións.

Con estes encontros, daremos rematado o curso de actividades, non sen lembrar que ó longo do verán haberá informática para nenos e na primeira semana de xullo pintura ó aire libre. 
Trataremos ó longo do verán de implantar algunha outra actividade. Para elo, contamos coa vosa colaboración. Os que non podan asistir esperámolos, un ano máis,  en outubro cando volten as actividades coa regularidade habitual. Bo verán, disfrutade!!!
Moitas grazas pola vosa colaboración e confianza ó largo do ano.


Mes de maio:


GALISENIOR

O 26 de maio participamos en Galisenior (Expourense) cos centros de Pontepelamios, Viana e Ribadavia.
A nos tocóunos desenvolver a actividade de ximnasia e chi kung xunto co centro de Ribadavia. Estas son as imaxes dese día





















    Coa finalidade de potenciar a dinamización, promover a participación e fomentar as interrelacións entre os distintos centros de Galicia, a Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ourense a través da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar, organiza nos meses de maio e xuño de 2012 para todos os centros que queiran participar os:


                        ENCONTROS DE ACTIVIDADES DOS 

                         CENTROS SOCIOCOMUNITARIOS


                                  para as actividades que a seguir se citan:


    • XIMNASIA 
    • BAILE
    • ANDAINA
    • INFORMÁTICA