Está vostede visitando o blog do Centro
Sociocomunitario de Maceda
Neste centro público que a Xunta de
Galicia posúe na Comarca de Allariz-Maceda, estase a impulsar unha grande
variedade de programas de envellecemento activo. Con elo, pretendemos ser un punto
referencia na prevención da dependencia e o mantemento dunha vida activa,
promovendo a convivencia, o apoio á integración e o fomento da participación
mediante a organización de actividades físicas, intelectuais, culturais,
artísticas e de ocupación do ocio e tempo libre, así como a prestación de
servizos básicos como a información, orientación e asesoramento sobre servizos
sociais.